OS NOSOS LABREGOS
Chegan cada semana co seu rebumbio de cores, olores e sabores e enchen o noso lugar favorito, o recuncho das verduras. Traen vitaminas para os nosos corpos e vitalidade para Zoca. Moitas os coñecemos ben, outras se cadra non tanto. Pero todas levámonos na cesta anaquiños do seu esforzo, das súas ilusións e das dificultades…