Xa temos en Zocamiñoca as algas deshidratadas de Portomuiños moi preparadiñas para que nos animemos a experimentar cos seus sabores a mar, salitre, verán……
Na cociña con algas é importante utilizar cantidades moi pequenas pois son un alimento moi concentrado tanto en nutrientes como en sabor.
As algas deshidratadas aumentan o seu peso cando se hidratan. Debemos hidratalas en auga fría con un pouquiño de sal. Esta auga pódese utilizar para cociñar. Cando cociñamos unha receita con abundante auga, como guisos ou sopas, non é necesario hidratar previamente.
Aquí vai información de canto aumenta o seu peso ao hidratar, o tempo de hidratación para que recuperen a súa textura e o tempo de cocción de cada tipo de alga.
Neste enlace podedes ver a información de Portomuiños e non vos perdades o apartado cocinar con algas, con un montón de receitas
Este blog de cocina con algas ten moi boa pinta
https://soycomocomo.es/abc/como-cocinar-con-algas