Queres formar parte da nosa cooperativa?
Visita o noso local
O horario de reparto é mércores de 18:30h a 21h e xoves de 12h a 14h e de 18:30h a 21h. Poderás ver físicamente o local onde facemos o reparto, os produtos dos que dispoñemos actualmente e explicarémosche con máis detalle o funcionamento da cooperativa.
Solicita un usuario de proba
Poderás facer tres ou catro pedidos de proba antes de ter que facerte definitivamente socia. Poderás, deste modo, probar os produtos, ver o que te supón económicamente, probar como te adaptas ao noso sistema de consumo e coñercernos un pouco máis!
Cubre o formulario de inscrición e ingresar o capital social de alta como socia
Para ser socia consumidora da Cooperativa Zocamiñoca deberas ingresar 150 euros (que serán devoltos se nalgún momento decides deixar de ser socia) e pagar 8 euros mensuais (domiciliados cada 3, 6 ou 12 meses).
Desde ese momento serás xa socia consumidora da cooperativa con todos os seus dereitos. Explicarémosche entón o funcionamento dos grupos de traballo de participación voluntaria nos que vos animamos a formar parte na medida das vosas posibilidades. Hai moitas cousas que podemos facer para axudar ao bo funcionamento da cooperativa, e tamén para cumprir os obxectivos reflexados nos nosos estatutos e regulamento de réxime interno.