– A importancia das persoas
A diferencia doutros proxectos económicos, o capital é indiferente á hora de decidir o rumbo da cooperativa. O valor humano prima, polo que unha persoa non ten maior ou menor valor en función do capital aportado.
A estructura de Cooperativa baseada no funcionamento participativo e democrátivo, quere plasmar unha serie de ideas básicas que rixen dito funcionamento
– A importancia das persoas
A diferencia doutros proxectos económicos, o capital é indiferente á hora de decidir o rumbo da cooperativa. O valor humano prima, polo que unha persoa non ten maior ou menor valor en función do capital aportado.
– A importancia da implicación.
O funcionamento real da actividade e as súas necesidades, levará a que as persoas máis implicadas no día a día da cooperativa serán tamén as que máis capacidade de decisión terán de dirixir o rumbo da actividade.
Ademais desta estructura propia de cooperativa, onde as decisións son tomadas en Asemblea, que tamén é a que elixe á Coordinadora, preténdese que a implicación das persoas se vexa plasmada no día a día.
Desde o principio apóstase polos grupos de traballo, onde cada persoa socia pode apuntarse e colaborar.
Cando arranca o proxecto hai moitas máis necesidades, polo tanto os grupos de traballo que se constitúen nun primeiro momento despois van perdendo folgos, ata chegar ao modelo actual:
– Grupo de traballo de Produtoras
– Grupo de traballo da Xestión Económica
– Grupo de traballo da Informática
– Grupo de traballo de Acollida
Ao longo dos máis de 10 anos que levamos constituidas como cooperativa, fomos buscando distintas fórmulas para que a participación fose o máis amplia posible, contando non só coas persoas socias, senón tamén coas nosas produtoras e achegándonos a outras persoas que lle puidera interesar o proxecto. É moi importante para a cooperativa a divulgación dos nosos principios e por suposto o camiñar xuntas con outras entidadades amigas tanto da na nosa cidade como fora dela.
Foron promovéndose xuntanzas de divulgación e formación, visitas as nosas produtoras de fresco, andainas ou incluso convivencias entre as socias, implicación nas asembleas, zoquelarres…