Xa levabamos tempo detrás das marmeladas de Carabuñas e por fin témolas no local.
Nelson, de Carabuñas, dinos que a marmelada de sabugueiro é a que máis éxito ten, e tamén a que máis os caracteriza.
A de sabugueiro con laranxa amarga dálle un toque moi interesante.
E para os mais larpeiros, está a de sabugueiro con marmelo.
Aquí tedes o enlace á súa completísima páxina, que fala do seu proxecto, das propiedades do sabugueiro e de todos os seus produtos. http://carabunhas.com/
En mi próxima compra un bote cae fijo!
Eu probei a de sabugueiro e góstame, pero a de sabugueiro con laranxa está impresionante.Xa me contaredes 🙂
Xa vos daredes de conta que a descoñecida da entrada anterior e Concha!