Papel hixiénico reciclado e ecolóxico
Fabricado a partir de fibra procedente de papel usado (papel reciclado) elaborado seguindo boas prácticas ( papel ecolóxico).
No mercado tamén podedes encontrar papel ecolóxico, procedente de bosques sustentables (non reciclado) e papel reciclado non ecolóxico (proceso de fabricación convencional).
Chega a Zocamiñoca en caixas de cartón reciclado con precinto de papel, sen ningún tipo de embalaxe plástica.
O papel non está branqueado, para aforrar auga e químicos.
Comprarémolo a granel ( podedes traer unha bolsa para levalo).
No noso país onde coñecemos moi ben as consecuencias da plantación de eucaliptos e da contaminación da industria celulosa e unha boa práctica de consumo responsable optar polo papel reciclado, especialmente o de un só uso ( o que non se pode volver a reciclar) como é o caso do papel hixiénico, xa que supón un aforro directo de fibra vexetal.
Podes consultar información sobre estes problemas medioambientais neste enlace
http://archivo-es.greenpeace.org/espana/es/Blog/el-gran-bosque-boreal-talado-para-hacer-papel/blog/60332/