Pedido especial Nadal
Como todos os anos, este nadal faremos un pedido especial de turróns e doces de nadal artesanos MASSAXUXES (https://www.massaxuxes.com/inicio). É unha pequena produtora catalana, que traballan a pequena escala e de xeito artesanal, facendo un produto moi coidado e de moita calidade.
Alternativamente temos dispoñibles turróns e doces tamén caseiros e artesáns do noso reposteiro habitual Clorofila (https://pasteleriaclorofila.wordpress.com). Neste caso poderedes pedilos cando queirades no pedido habitual e poderedes telos o mércores da semana que pidades como calquera outro produto fresco.
Aquí vai un artigo para que podades coñecer este pequeno proxecto de Montse e Marta: https://www.ecoticias.com/alimentos-ecologicos/96926_turron-ecologico
– Viños: Dispoñemos no local dalgunha pequena cantidade de viño de Ribera del Duero, e próximamente faremos un pedido de Alvariño e probablemente poderemos ofrecer algún Mencía.
– Sidra e Cava: Dispoñemos tamén dun pequeno stock de sidra, e de momento non temos previsto pedir cava, porque por experiencias de anos pasados o consumo dentro da cooperativa é moi escaso.
– Ecoficus: Estamos revisando o stock por se ampliamos o pedido a algún produto máis que non temos en catálogo, ampliaremos os próximos días.