Elaborados en Galicia, con ingredientes km0 na súa maioría, xeados para todos os gustos e necesidades. Dende cremosos xeados de fruta ou chocolate sen lactosa, sen glute, sen graxas ou proteínas de orixe animal (veganos), ata xeados de crema de moitísimas variedades. Para que poidas disfrutar coidándote…
Dende A Coruña no seu obradoiro “A Factoría Ecolóxica” elaboran diariamente, con moito cariño, mediante procedementos artesanais e con ingredientes ecolóxicos, e na súa maioría locais, xeados de produción ecolóxica, certificados polo CRAEGA (Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia).