Nunha das actividades desta finde zocamiñoqueira pola Ulloa organizada por Pancho, tivemos o gusto de visitar a granxa Arqueixal. Alí recibiunos José Luis, que nos abriu as portas da súa granxa, do seu faladoiro e dos seus proxectos.
Para os que non estivéchedes, este é Jose Luis , e falounos destas cousas:
E como levabamos unha chea de pequenos, José Luis fixoos protagonistas, e explicounos o proxecto Arqueixal co “xogo das 4 cuncas”. Preparou catro cuncas das que utiliza para elaborar o queixo, con herba fresca, sal, arxila e centeo que representan os catro piares do seu proxecto (a gandairía ecolóxica, a elaboración do queixo,a bioconstrucción e a experiencia do rural)
Repartiunas entre os rapaces cos seus respectivos pergaminos e…..¡mirade canto aprendimos!
Tamén falounos de Son d´aldea, actividade dinamizadora da cultura do rural que levan uns anos facendo na Ulloa
http://sondaldea.galiciasustentable.org/
Especialmente emotivo foi cando nos mostrou un fermoso video en homenaxe a súa nai, da que tanto aprendeu, no que se mostraba como ela preparaba o queixo.
E antes de marchar, aínda tivemos que axudar a gardar as vacas….
(Unha reprimenda para o cámara, que titulou o video “Zocaurbanitas no Far West”, por non captar todo o traballo colaborativo que fixeron os do fondo.)
Deixamos aquí uns enlaces para que coñezades mellor o seu proxecto
http://www.arqueixal.com/
E a súa granxa
http://www.arqueixal.com/filosofia.htm