Cómo xurde AleAlé? Tempos de Matusalén.
Hai uns oito anos un grupo de xoves de espírito hippie revolucionario comezou a facer cervexa nunha vella masía en Cataluña. Tamén cultivaban verduras para autoconsumo e mais para algúns grupos de consumidores/as locais, practicaban a apicultura, facían pan en forno de leña, actividades doutra índole…moita xuventude!!
Alí tiveron a sorte de ser asesorados/as por Steve Huxley, un erudito, tolo e apaisoado cervexeiro que practicaba a culturacopyleftalí onde ía, de xeito que puideron profundizar na materia.
Cando este proxecto remata, varias das persoas que formaban parte do proxecto inician aventuras de autoprodución en diferentes lugares da xeografía española. AleAlé é unha delas.
¿Por qué contamos isto?
Pois porque o espírito do proxecto hérdase en parte desta experiencia, e xurde de apostar por un modelo localista, de curiosidade porcómo funcionan as cousase de respeto polo entorno e pola autonomía das persoas.
Qué facemos agora?
Cando nos instalamos en Uxes construimos un espacio de traballo no baixo da nosa propia vivenda, onde levamos a cabo obradoiros, elaboramos receitas, e poñemos a proba un equipo de cervexa deseñado e producido por nós, que estamos a piques de rematar.
Paulatinamente fomos profesionalizándonos, no sentido de adquirir un coñecemento e formación mais estrictos dos procesos de elaboración, da selección de materia prima, da maquinaria ou ferramentas e en canto á eficiencia dos métodos de traballo.
Actualmente temos un acordo con Héctor de cervexas Belecker, no Bierzo. Isto permétenos empregar o seu equipo á hora de dar saída provisionalmente ás nosas producións, o que constitúe un apoio tamén á súa actividade.
Actualmente facemos coccións de 900 litros prácticamente ao ritmo da demanda, de xeito que o produto mantense sempre nas mellores condicións.
Algo mais que borrach@s. Os nosos eixos de traballo:
AleAlé é un proxecto con catro eixos de traballo en torno á producción e venta de cervexa:
– Creación de vínculos entre medio rural e o medio urbano:
Levamos a cabo a nosa actividade cun pe no rural e outro na cidade. Gústanos a idea de encher de vida as vilas e aproveitar o coñecemento e recursos que estas ofrecen, ainda que precisemos dos núcleos urbáns para desenrolar a nosa actividade.
O uso do noso actual local foi posible gracias á rehabilitación dunhas antigas cadras e unha carpintería vella fronte a Estación de Tren de Uxes. Foi un traballo de dous anos, aproveitando os recursos aportados por veciños/as e amigos/as, outros froito de intercambios, e outros mercados.
Hoxe temos un espazo a disposición de quen o precise. Este pe na vila permétenos aproveitar os subprodutos das coccións para alimentación animal (por agora só de pequenas tiradas), relacionarnos cos veciños/as apoiando as súas iniciativas e eles as nosas, ou compartindo recursos con eles. A asociación de veciños de Uxes ten previsto instalar o seu propio