Benvidas a todas de novo a este blog!
Hoxe nesta entrada imos falar de dúas produtoras especializadas en cosmética de Zocamiñoca: a xa habitual Naturavia e a nosa nova produtora, ArGaia.
NATURAVIA
Naturavia foi creada por Carla e Pepe en 2009. Ela, unha bióloga nuclear, él, profesor de formación vial. Comezaron a formarse no mundo das plantas mediciñais e cosmética e emprenderon este proxecto en Ribadavia.
Este proxecto presenta produtos de diversos tipos, como aceites, tónicos faciais, e cremas para todo tipos de peles.
Similar á nosa cooperativa afirman que non son unha empresa, son un estilo de vida. Atopan na natureza unha forma de vivir e de inspiración xuntándoo co obxectivo de buscar o equilibrio natural da pel. As súas principais materias primas son o romero, menta, lavanda e aceites esenciais.
Recálcase a alta calidade garantizada desta produtora, xa que axústanse aos requisitos da Normativa Europea para a Correcta Fabricación de Productos Cosméticos. Naturavia é un fabricante cosmético autorizado pola “Agencia Española del Medicamento”. Está certificado tamén por unha entidade internacional e independente que avala que a elaboración dos produtos se realice seguindo a Norma de Fabricación Sostenible y Ecológica BioVidaSana.
Deixamos aquí a súa páxina web por se quereres máis información!
https://www.naturaviacosmetica.com/es/
https://www.naturaviacosmetica.com/es/
ARGAIA
ArGaia é a seguinte produtora da que imos falar. É un proxecto de cosmética ecolóxica e ecotenda na Mariña de Lugo (Burela).
O proxecto está a potenciar o cultivo propio de plantas e é levado por dúas rapazas: Estefanía e Pamela (química especializada na cosmética, no laboratorio e no cultivo de prantas)
No catálogo que adxuntamos obsérvase que hai unha gran variedad de produtos de boa calidade e con texturas moi profesionais, o cal non será problema para as peles mais sensibles ou con diversas complicacións.
En todo caso, aquí, na súa páxina web, tedes máis información:https://www.argaiacosmeticaecologica.com/
Coma información adicional deixamos o enlace ao programa Cos pes na terra da TVG, co-protagonizada por esta produtora onde se conta o seu proxecto para que poidades faceros máis á idea:
Así que xa sabedes, estas dúas produtoras son o exemplo perfeto de que o coidado da pel non ten porqué estar reñido con utilizar elementos naturais!